Movemento Senior de Lugo

7 nov 2012

O Grupo Popular pide explicacións dos motivos polos que o bigoberno municipal ignorou os requerimentos de Soledad Becerril con respecto á proba de trial que presuntamente se realizou no concello sen autorización

O Gmpp solicita acceso ao escrito da defensora del pueblo que motivou que o concello de Lugo fose denunciado por esta institución ante a fiscalía

·        Os populares lamentan que que, unha vez máis, a imaxe de Lugo sega deteriorandose e lembran que non é a primeira vez que o concello non contesta ás peticións de tanto de institucións, como á oposición e mesmo aos particulares

·        O voceiro Popular, Jaime Castiñeira explicou que o descontrol do bigoberno municipal chega a tal punto que “non é de extrañar que non se contestase ao requerimento de Becerril” 

·        Castiñeira defendeu as figuras tanto do Defensor del Pueblo como do Valedor do Pobo e pediu ao bigoberno o máximo respecto con ambas institucións



Mércores, 7 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do Partido Popular, solicitou esta mañá o acceso ao escrito  da Defensora del Pueblo  sobre o suposto incumprimento do Concello que ao parecer ignorou un requerimento desta institución con respecto á celebración dunha proba deportiva sen autorización.

O voceiro do Grupo Popular fixo esta petición logo de coñecer que Soledad Becerril levaría ao concello de Lugo ante á fiscalía por este asunto. Jaime Castiñeira matizou que “de ser certo o publicado nos medios de comunicación” o alcalde debería explicar os argumentos polos que non se contestou en tempo e forma os requerimentos feitos “por activa e por pasiva” por esta institución.  A xuizo do Grupo Popular este asunto debe esclarecerse canto antes para que, unha vez máis, a imaxe do concello de Lugo non resulte perxudicada.

No hay comentarios: