Movemento Senior de Lugo

18 ene 2013

O Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG elexiu a Jaime Castiñeira para presidir a mesa do cónclave, que terá lugar a vindeira semana.

O Comité Organizador do Congreso valora a traxectoria do voceiro municipal do partido en Lugo e o seu pleno coñecemento da vida interna do partido.

Jaime Castiñeira é o dirixente que colleitou a porcentaxe máis alta do PP nas eleccións municipais nas cidades pese a que por unha decena de votos non logrou a maioría absoluta para ser alcalde, e non puido pechar o paso a un Goberno de perdedores que agora forman PSOE e BNG.

Castiñeira iniciou a súa carreira política en 1999, como concelleiro do PP municipal de Lugo e a finais de 2004 pasou a ser o seu voceiro, ademais de pasar a ocupar unha das vicesecretarías do Comité Executivo Provincial e asumir a coordinación do Comité de Política Local. 

No hay comentarios: