O Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG elexiu a Jaime
Castiñeira para presidir a mesa do cónclave, que terá lugar a vindeira
semana.
O Comité Organizador do Congreso valora a traxectoria do voceiro
municipal do partido en Lugo e o seu pleno coñecemento da vida interna
do partido.
Jaime Castiñeira é o dirixente que colleitou a porcentaxe máis
alta do PP nas eleccións municipais nas cidades pese a que por unha
decena de votos non logrou a maioría absoluta para ser alcalde, e non
puido pechar o paso a un Goberno de perdedores que agora forman PSOE e
BNG.
Castiñeira iniciou a súa carreira política en 1999, como
concelleiro do PP municipal de Lugo e a finais de 2004 pasou a ser o seu
voceiro, ademais de pasar a ocupar unha das vicesecretarías do Comité
Executivo Provincial e asumir a coordinación do Comité de Política
Local.